CALENDARIO ACTIVIDADES
| Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
A Fundación Iniciativas 21 rendeu a súa particular homenaxe anual ás mulleres galegas coa entrega dos cuartos premios “21 Mulleres Galegas, 21 Historias Cotiás” nun acto presidido polo Presidente da Xunta de Galicia no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Con este galardón a Fundación Iniciativas 21 ven recoñecendo dende hai catro anos a labor de 21 mulleres galegas que, representando a tantas outras, se esforzan cada día dende os seus respectivos ámbitos por mellorar a súa vida e contribuir a unha sociedade máis desenvolta. Este ano os premios Mulleres 21 adicáronse a recoñecer o mérito de 21 mulleres que diariamente traballan para os demais e son un soporte fundamental sen o que moitas familias non poderían saír adiante.
O multitudinario acto (1.500 invitados), que foi presentado por a periodista Susana López, comenzou cunha invitación da Directora da Fundación Iniciativas 21, Mercedes Rosón, aos presentes a gardar un minuto de silencio en recordo de María del Rosario Peso André, asasinada onte por a súa parella en Ponte Caldelas (Pontevedra) no que é o último acto de violencia machista.
Na súa intervención, o Presidente da Xunta, que felicitou á Fundación Iniciativas 21 pola tarefa que ven desempeñando como referente e interlocutora na sociedade civil galega, sinalou a importancia deste tipo de recoñecementos á muller galega que axudan a facer visible a súa labor como pilar da familia, dignificar a noción de ama de casa e axudar ao necesario cambio social e de mentalidade para a asunción por parte das mulleres de roles sociais distintos aos tradicionais. O Presidente mostrouse convencido de que “o século XXI será o século das mulleres”; no que se acade a igualdade real e efectiva e a violencia de xénero quede erradicada como lacra social.
A cantante Uxía puxo o broche final a este emocionante acto, no que tamén actuou Ruth Balvís, representante da danza galega contemporánea.
A Fundación Iniciativas 21 otorgou ademáis este ano un recoñecemento especial a tódalas amas de casa, a través da Presidenta da Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa. A Fundación quiso recoñecer así a importancia do traballo das amas de casa, tantas veces esquecido, e das súas asociacións que se esforzan na procura da igualdade real, a incorporación da muller ao mercado de traballo, a corresponsabilidade nas tarefas do fogar e a valorización dos e das que realizan estas tarefas.
Os premios Mulleres 21 protagonízanos mulleres excepcionais, como tamén o é a súa cotidianeidade, sen a que o progreso deste país non sería posible. Recoñecer o mérito de 21 mulleres é importante e necesario; nunha sociedade onde a busca do prestixio está tan presente, as mulleres galardonadas destacan polo seu traballo diario.
HOMENAXEADAS:
ROSA OTERO Presidenta da Federación Galega de Amas de Casa
LOLA MIGUEZ Fruteira da Praza de Abastos de Santiago
SUSI LISTE Policía de Oleiros
TAREIXA NAVAZA Xornalista
EDITA LOUZAO Mestra xubilada de A Coruña
ANA Mª CANTO Gandeira
MAGUETTE NIANG Inmigrante Senegalesa
GLADYS VIOLETA Inmigrante Uruguaia
ANGELICA DONO Costureira de A Estrada
ROSA GOMEZ LIMIA Asociación Teenses pola Igualdade
CARMEN VAZQUEZ VAAMONDE Presidenta da Asoc. De Esclerose Múltiple
FRANCISCA MARTINEZ Asociación de Mullerse Divorciadas e Maltratadas de Lugo
ESTHER CASTRO Percebeira de Camariñas
ANTÍA CAL Fundadora do Colexio Rosalía de Castro de Vigo
Mª NINE DIOS Emigrante retornada da Illa de Arousa
EVA VEIGA Xornalista, poetisa e cantante
MERCEDES SUÁREZ Abogado de A Coruña
Mª ESTHER FERNÁNDEZ Nai traballadora
MARTA LÓPEZ Propietaria dunha explotación leiteira
MARGARITA ARANDIA Médico Ourensana
JOSEFA MOLINOS Gandeira
MONICA ALVAREZ SAN PRIMITIVO Orientadora Laboral de COGAMI Lugo
--------------
ENTREGAS DOS GALARDÓNS DE MANS DE:
EMILIO PEREZ TOURIÑO Presidente da Xunta
MERCEDES ROSON Directora da Fundación Iniciativas 21
RAMON MAIZ Presidente da Fundación Iniciativas 21
RAMÓN CONDE Escultor
MON SANTISO Presentador e Actor
PEDRO ALONSO Actor
YOLANDA CASTAÑO Poetisa
MAR MARTIN Concellala Santiago
LUIS POUSA Xornalista
ANXO QUEIRUGA Presidente de COGAMI
XOSE LOIS Gzalez (Carrabouxo) Viñetista de A Rexión
MIGUEL CONDE Xerente de BAP Conde
JUAN GOMEZ JURADO Escritor
BEATRIZ SOTELO Cociñeira
UXÍA SENLLE Cantante
ROBERTO SALGUEIRO Teatro
SEVI MARTINEZ Locutor da CRTVG
ANGEL JOVE Vicepresidente de ANJOCA
MAR LORENZO Experta en Educación
PABLO IGLESIAS Director de Cine
MANUEL VILARIÑO Fotógrafo
Mª XOSE Rguez GALDO Padroa da Fundación Iniciativas 21