
CALENDARIO ACTIVIDADES
| Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
Dende esta área a Fundación contribúe o desenvolvemento dos distintos ámbitos da cultura galega mediante a realización de xornadas e conferencias nas que se analizan e debaten distintos temas que están de actualidade.
Os resultados electorais, as campañas, os programas electorais ou o deseño de políticas son algúns dos temas nos que se traballa neste área. Esta labor vese acompañada pola realización de mesas redondas e conferencias como por exemplo a xornada “Cidadanía e Participación” que ten lugar o 16 e 17 de xuño en Pontevedra.
Actividades Sociais
Coordinadora: Mercedes Rosón.
A difusión e promoción da cultura galega é algo que está contemplado nos fins da Fundación, por iso a través de xornadas, exposicións, encontros, conferencias e foros, a Fundación Iniciativas 21 contribúe dende esta área non só a xerar dinamismo na sociedade galega senón tamén ao desenvolvemento e respeto dos nosos sinais de identidade.
Nesta área de traballo se analizan e estudian os aspectos máis importantes da economía galega como é o emprego, o financiamento das administracións autonómica e local ou a política de vivenda. Dende está área tamén se levan a cabo a seminarios nos que se estudian e debaten documentos de traballo que permitan elaborar as conclusións sobre os distintos aspectos da economía en Galicia.
Dende a área institucional se coordina o programa Diálogos da Fundación Iniciativas 21 , así como aquelas actividades vinculadas ás institucións galegas.