Contacto | Info Legal
Cabecera menu

CALENDARIO ACTIVIDADES

LunMarMerXovVenSabDom
Separador
12345
67
8910
11121314
15161718192021
22232425262728
2930

NOVAS

logo
A Fundación » Estatutos

ESTATUTOS

CAPITULO I: Denominación, natureza xurídica e domicilio.


  • Artigo 1.

  • Coa de nominación de “Fundación Iniciativas 21” constitúese unha organización de natureza fundacional, sen ánimo de lucro, e co seu patrimonio afectado, de forma durareira, á realización dos fins de interese xeral que se describen nestes Estatutos.
  • Artigo 2.

  • A Fundación constituída, unha vez inscrita no correspondente rexistro, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para obrar, podendo realizar en consecuencia, tódolos actos que sexan necesarios para o cumprimento dos fins para os que foi creada, de acordo co establecido no ordenamento xurídico.
  • Artigo 3.

  • A Fundación rexerase pola lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia que lle sexa de aplicación, en particular pola Lei 7/83, de 23 de xuño, de Fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/199, de 8 de novembro, ou a normativa que no futuro a poida substituír, polas demais disposicións legais vixentes, así como pola vontade dos fundadores manifestada nestes Estatutos e polas normas e disposicións que, en interpretación e desenvolvemento dos mesmos, estableza o Padroado.
  • Artigo 4.

  • O domicilio da Fundación estará en Galicia, e a súa sede en Santiago de Compostela, na rúa Romero Donallo, nº 1, 1º B. O Padroado poderá acordar o cambio da sede da Fundación, na forma prevista na lexislación vixente.

 

 

 

 

 

 

 

Copyright © 2008 Fundacion Iniciativas 21 • Reservados todos los derechos • DeseñoLogo eDíxitoseDíxitos Web Design