Contacto | Info Legal
Cabecera menu

CALENDARIO ACTIVIDADES

LunMarMerXovVenSabDom
Separador
12
34567
89
10111213141516
1718
19202122
23
24252627282930

NOVAS

logo
A Fundación » Estatutos

ESTATUTOS

CAPITULO II: Ámbito de actuación e finalidades.


  • Artigo 5.

    A Fundación desenvolverá as súas actividades principalmente en Galicia, sen prexuízo de realizalas tamén no resto do territorio español. A Fundación poderá desenvolver tamén as súas actividades destinadas á Comunidade Galega no exterior nos países de acollida da emigración galega.
  • Artigo 6.

    A Fundación ten por obxecto promover, impulsar e canalizar iniciativas que contribúan o desenvolvemento político e social e ó progreso económico e cultural de Galicia, fomentando o coñecemento, a expansión e o desenvolvemento do pensamento socialdemócrata e galeguista para acadar unha sociedade máis desenvolvida, xusta, solidaria e respectuosa cos seus sinais de identidade no século XXI.
  • Artigo 7.1.

    O desenvolvemento dos fins da Fundación efectuarase a través, entre outras das seguintes formas de actuación:
    • O seguimento, análise e estudio da realidade política, social, económica e cultural de Galicia.
    • A organización de cursos, conferencias, seminarios, coloquios e doutras actividades que fagan referencia ós citados aspectos da realidade galega.
    • A formación e orientación cara á actividade pública.
    • A elaboración, publicación e difusión de traballos de estudio, investigación ou información nas áreas de actividade.
    • A relación con outras institucións, organismos ou corporacións de Galicia, de España, ou do estranxeiro que realicen actividades similares ou que poidan ser de interese para a Fundación.
    • A busca de fondos e subvencións e a canalización dos recursos materiais e humanos necesarios para garantir o estudio e a investigación, para o mantemento das súas infraestructuras e, en xeral, para realizar os proxectos e actividades propios da finalidade fundacional.
    • Calquera outra función que a Fundación considere de interese para o desenvolvemento dos fins que lle son propios.
  • Artigo 7.2.

    A anterior enumeración de obxectivos e actividades non ten carácter taxativo nin limitativo, e non comporta a obrigatoriedade de atendelos a todos nin establece prelación ningunha.
  • Artigo 8.

    A Fundación despregará a súa actividade en beneficio do conxunto dos cidadáns de Galicia, e prestará atención ós residentes galegos no exterior, co fin de contribuír á súa vinculación, e no seu caso á súa reintegración, á realidade galega do século XXI. 
Copyright © 2008 Fundacion Iniciativas 21 • Reservados todos los derechos • DeseñoLogo eDíxitoseDíxitos Web Design