Contacto | Info Legal
Cabecera menu

CALENDARIO ACTIVIDADES

LunMarMerXovVenSabDom
Separador
12
34567
89
10111213141516
1718
192021
2223
24252627282930

NOVAS

logo
A Fundación » Estatutos

ESTATUTOS

CAPITULO III: Órganos de goberno da Fundación.


  • SECCIÓN 1ª: Dos órganos de goberno.


  • Artigo 9.

    A representación, o goberno e a administración da Fundación corresponden, coa distribución de competencias que se establece nestes Estatutos, ó Padroado, ó Presidente ou Presidente, ó Vicepresidente ou Vicepresidenta, ó Director ou Directora e ó Secretario ou Secretaria.
    Os órganos de goberno da Fundación exercerán as súas respectivas funcións e competencias con plena independencia e soberanía, sen outras limitacións que as establecidas nestes Estatutos e nas leis, con escrupuloso respecto á vontade fundacional posta de manifesto na escritura de constitución e nos Estatutos.

  • SECCIÓN 2 ª: Do Padroado.


  • Artigo 10.

    O Padroado estará integrado por un mínimo de quince e un máximo de cincuenta patróns distribuídos do seguinte xeito.
    • Patróns Fundadores.- Son patróns natos os asinantes da carta fundacional. No caso de renuncia expresa ou perda da condición de patrón dalgún deles por algunha das causas legalmente previstas, os seus postos vacantes poderán ser ocupados por patróns ordinarios, ata a suma do número de patróns dos apartados a) e d) deste artigo.
    • Patróns institucionais.- Son patróns institucionais os escollidos polo Padroado entre representantes institucionais publicamente identificados cos valores da institución ata un máximo de seis. Os patróns institucionais desempeñarán o seu cargo en tanto ocupen a responsabilidade ou mandato institucional en razón do que foron elixidos, cesando ó rematar o desempeño daquel.
    • Patróns protectores.- Son patróns protectores os escollidos polo Padroado en representación das empresas, sociedades, corporacións e institucións que cooperen máis destacadamente ó sostemento económico ordinario da Fundación, ata un máximo de seis. Os patróns protectores desempeñarán o seu cargo por un período de dous anos contados a partir da data do seu nomeamento, podendo ser reelixidos polo Padroado para sucesivos mandatos.
    • Patróns ordinarios.- Son patróns ordinarios os escollidos polo Padroado a iniciativa propia, ou a proposta de organizacións ou institucións políticas, sociais, económicas ou culturais de Galicia, ata un máximo de quince. Os patróns ordinarios desempeñarán o seu cargo por un período de catro anos contados a partir da aceptación do cargo de patrón, podendo ser reelixidos en sucesivos mandatos.
    • O secretario do Padroado, que terá a consideración de secretario da Fundación, será nomeado polo mesmo para un período de catro anos contados a partir da data do seu nomeamento, e integrarase no Padroado con voz e sen voto agás que tivese a condición de patrón.
  • Artigo 11.1.

    Son funcións do Padroado:
    • A interpretación e o desenvolvemento da vontade manifestada polos seus Fundadores na escritura de constitución e nestes Estatutos.
    • Establecer os criterios básicos de actuación da Fundación dentro do marco estatutario, e adoptar as medidas e disposicións que garantan o cumprimento dos fins fundacionais.
    • Exercer as facultades de administración e xestión, disposición e gravame dos bens da Fundación, así como aceptar as doazóns, legados ou herdanzas.
    • Aprobar o programa anual de actividades da Fundación, e a súa memoria anual.
    • Aprobar o orzamento anual de ingresos e gastos e a súa liquidación, así como o inventario e balance anuais.
    • Acordar o exercicio das accións que considere oportunas, así como a interposición dos recursos xudiciais ou administrativos que procedan en defensa dos intereses e dereitos da Fundación.
    • Contratar obras, subministros, servicios, consultorías e asistencias, e dar e recibir en aluguer todo tipo de bens e servicios sempre que o importe non sexa superior a trinta e cinco mil euros.
    • Elixir o Presidente e o Vicepresidente de entre os patróns fundadores ou ordinarios do Padroado, e designar o Director e o Secretario.
    • Aprobar os convenios ou acordos que considere de interese para mellor acadar os fins fundacionais.
  • Artigo 11.2.

    O Padroado poderá delegar as súas funcións no Presidente da Fundación, ou no Director, se fose patrón, agás que sexan indelegables conforme ás disposicións legais vixentes. Para este fin, o Padroado poderá outorgar e revogar poderes xerais ou especiais.
  • Artigo 11.3.

    Tódalas facultades mencionadas se entenden sen prexuízo da obtención da autorización do Protectorado sempre que legalmente sexa esixible.
  • Artigo 12.1.

    O cargo de Patrón que recaia en persoa física deberá exercerse persoalmente. Non obstante, poderá actuar no seu nome e representación outro patrón designado por el. Esta actuación será sempre para actos concretos e deberá axustarse ás instruccións que no seu caso, o representado formule por escrito.
  • Artigo 12.2.

    O cargo de Patrón é gratuíto, sen que en ningún caso os patróns poidan recibir retribucións polo desempeño da súa función. Os patróns teñen dereito a que se lle reembolsen os gastos xustificados que o desempeño da súa función lle ocasione.
  • Artigo 13.

    O nomeamento de patrón producirá efectos dende o momento da aceptación expresa do cargo. Esta aceptación poderá facerse constar no outorgamento da escritura fundacional, en escritura pública independente, ou mediante certificación do Padroado.
  • Artigo 14.1.

    O Padroado reunirase, alomenos dúas veces ó ano, e tantas veces como sexa preciso para a boa marcha da Fundación. Correspóndelle ó Presidente convocar as reunións daquel. O Presidente deberá convocar o Padroado cando así o soliciten expresamente, e por escrito a el dirixido, un número de patróns igual ou superior ás tres quintas partes dos seus membros integrantes. Neste caso, deberá incluír na orde do día o punto ou puntos demandados polos asinantes da solicitude da convocatoria.
  • Artigo 14.2.

    A convocatoria farase chegar a cada un dos membros, polo menos, con cinco días de antelación á data da súa celebración, por calquera medio que permita deixar constancia da súa recepción. Na convocatoria farase constar o lugar, día e hora de celebración da reunión, e a orde do día.
  • Artigo 15.1.

    O Padroado quedará validamente constituído cando concorran, alomenos, a metade máis un dos seus membros.
  • Artigo 15.2.

    Os acordos adoptaranse por maioría simple de votos, agás cando os Estatutos ou a lexislación vixente requiran unha maioría especial.
  • Artigo 15.3.

    O secretario levantará a correspondente acta das reunións do Padroado.

  • SECCIÓN 3ª: Do Presidente e do Vicepresidente.


  • Artigo 16.

    O Presidente do Padroado, que terá a consideración de Presidente da Fundación, será elixido polo mesmo de entre os patróns fundadores ou ordinarios, e desempeñará a súa función por un mandato renovable de catro anos, contados a partir do seu nomeamento.
  • Artigo 17.

    Son funcións do Presidente:
    • Ostentar a representación da Fundación diante de toda clase de persoa, autoridades e entidades públicas ou privadas.
    • Convocar as reunións do Padroado, fixar a orde do día das mesmas, presidilas e dirixir os debates e votacións, dirimindo os empates co voto de calidade.
    • Exercer, en caso de urxencia, e dando conta ó Padroado na primeira sesión que celebre, toda clase de accións, excepcións, recursos ou reclamacións xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da Fundación.
    • Elevar aquelas que lle delegue o Padroado e as que sexan precisas para o desenvolvemento do obxecto fundacional e non estean reservadas ó Padroado ou a outros órganos de xeito exclusivo.
    • Todas aquelas que lle delegue o Padroado e as que sexan precisas para o desenvolvemento do obxecto fundacional e non estean reservadas ó Padroado ou a outros órganos de xeito exclusivo.
  • Artigo 18.

    O Vicepresidente do Padroado, que terá condición de Vicepresidente da Fundación, será elixido polo mesmo de entre os patróns fundadores ou ordinarios, e desempeñará a súa función por un mandato renovable de catro anos, a partir da data do seu nomeamento.

    O Vicepresidente do Padroado substituirá ó Presidente en caso de ausencia, renuncia aceptada polo Padroado ou falecemento do mesmo. Tamén poderá desenvolver calquera das funcións propias do Presidente por delegación deste.

  • SECCIÓN 4ª: Dos Patróns honoríficos.


  • Artigo 19.

    O Padroado poderá acordar, por maioría absoluta dos membros que o integren, o nomeamento de Patróns honoríficos da Fundación, entre persoeiros relevantes publicamente identificados cos fins da Fundación.

    O nomeamento como Patrón honorífico, que ten que ser aceptado polo interesado, non comporta os deberes e obrigas inherentes ó cargo de patrón.

    O cargo de Patrón honorífico é vitalicio, e dá dereito a recibir a Memoria anual e as demais publicacións da Fundación. Os Patróns honoríficos serán invitados a tódolos actos que organice a Fundación e convocados a reunións especiais de tipo informativo ou consultivo para dar a súa opinión sobre temas que sexan debatidos.

  • SECCIÓN 5ª: Do Director da Fundación.


  • Artigo 20.

    O Director da Fundación será elixido polo Padroado para un período de catro anos, a partir da data do seu nomeamento, podendo ser reelixido por unha ou mais veces.
  • Artigo 21.

    Son funcións do Director:
    • Coordinar, promocionar e executa-los acordos, os plans e os programas da Fundación que determine o Padroado.
    • Formular o proxecto de orzamento e a proposta de programa anual de actividades, así como os gastos realizados.
    • Redactar e presentar ó Padroado a memoria anual de actividades, así como os gastos realizados .
    • Ordenar os cobros e pagos dentro das normas de execución do orzamento da Fundación.
    • Exercer a dirección administrativa do persoal facultativo, técnico, administrativo e subalterno, e propoñer ó Presidente o seu nomeamento e as súas condicións contractuais.
    • Contratar obras, subministros, servicios, consultorías e asistencias, e dar e recibir en aluguer todo tipo de bens e servicios, sempre que o seu importe sexa igual ou inferior a trinta e cinco mil euros.
  • Todas aquelas atribucións de xestión ou representación que o Padroado ou o Presidente lle outorguen para un mellor e máis áxil funcionamento da Fundación.

Copyright © 2008 Fundacion Iniciativas 21 • Reservados todos los derechos • DeseñoLogo eDíxitoseDíxitos Web Design