CALENDARIO ACTIVIDADES
| Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
A Fundación Iniciativas 21 nace a comezos do 2004 co obxectivo de promover, impulsar e canalizar iniciativas que contribúan ao desenvolvemento político e social tan necesario para o progreso económico e cultural de Galicia.
A Fundación pretende constituírse como un amplo canle para a participación de tódolos actores da sociedade (movementos sociais, políticos e culturais, administracións, concellos, etc) que colaboren no fomento do coñecemento, na expansión e no desenvolvemento dun pensamento de carácter progresista, para acadar unha sociedade máis xusta, solidaria e respectuosa cos seus sinais de identidade no século 21.
O marco de actuación das actividades a desenvolver pola Fundación será Galicia, converténdose o conxunto dos cidadáns galegos, incluíndo a numerosa emigración galega, nos receptores directos das actividades desenvolvidas por Iniciativas 21.
A Fundación participará tamén en iniciativas e actividades que atinxan ao resto do Estado, sempre que concorden cos fundamentos e obxectivos marcados pola Fundación, sempre que compartan o interese pola expansión dun pensamento progresista e sempre que o intercambio axude a promoción da cultura e da sociedade galega.
Seguindo diferentes formas de actuación, como a organización de cursos, conferencias, seminarios, coloquios…etc, así como a creación de diferentes plataformas que analicen e estudien a realidade política, social, económica e cultural de Galicia, a Fundación buscará o desenvolvemento e consecución das súas actividades e fins. En definitiva, trátase dunha aposta de futuro, e como tal, a xuventude deberá xogar un papel activo, constituíndose nun dos piares máis importantes nos que se cimentará este proxecto.
Para acadar estes obxectivos e potenciar as iniciativas de desenvolvemento, é necesaria a participación de todas aquelas persoas que como nós creen que o cambio en Galicia é posible.