CALENDARIO ACTIVIDADES
| Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
A Fundación Iniciativas 21 ten como obxectivo promover, impulsar e canalizar propostas que contribúan ao desenvolvemento político e social, e ao progreso económico e cultural de Galicia nunha perspectiva de liberdade, igualdade e autogoberno.
Estes fins preténdese acadar fomentando o coñecemento, a expansión e o desenvolvemento crítico do pensamento socialdemócrata e galeguista. A fundación quere contribuír a unha sociedade máis desenvolvida, para que Galicia poida gozar dos niveis medios de desenrolo que teñen os países da U.E.; unha sociedade máis equitativa, para que a xustiza, tanto civil como social, sexa o piar básico que oriente as políticas públicas; unha sociedade máis solidaria, na que as diferencias económicas, sociais, raciais, sexuais e religiosas non constitúan factores de fragmentación senón liñas de diversidade que fagan da nosa, unha sociedade plural, consciente da riqueza que isto aporta a unha democracia avanzada.
Iniciativas 21 pretende contribuír á construcción aberta e participativa dunha sociedade creativamente respectuosa cos seus sinais de identidade.
Para a consecución destes fins tan diversos a Fundación desenrola o seu traballo tanto en Galicia como cos galegos residentes no exterior. A fundación emprega diferentes instrumentos como o seguimento, análise e estudio da realidade política, social, económica e cultural de Galicia; a organización de cursos, conferencias, seminarios e coloquios que abarquen un amplo abano para recoller as mais diversas voces; a formación e orientación cara á actividade pública; a elaboración, publicación e difusión de traballos de estudio, investigación ou información nas áreas de actividade; a publicación dunha Revista da Fundación; a organización de exposicións; a relación con outras institucións, organismos ou corporacións de Galicia, de España ou do estranxeiro que realicen actividades semellantes, etc.
Esta páxina web quere ser o portal que dea acubillo as actividades da Fundación, comunique e divulgue as diferentes iniciativas en progreso, e sirva de canle interactiva e participativa aberta todas e todos os interesados en colaborar connosco.
O Presidente
RAMÓN MÁIZ SUÁREZ