CALENDARIO ACTIVIDADES
| Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | |||
A Fundación Iniciativas 21, o laboratorio de ideas ligado ao PSdeG avoga neste aniversario da Constitución por un desenvolvemento do estado das autonomías así como polo impulso do federalismo nun momento de risco no que se pode voltar “á centralización”. Esta fundación dirixida polo profesor Ramón Maiz presentou o pasado martes en Compostela a declaración Construíndo a España Federal, un manifesto ao que xa se teñen adherido académicos e membros da sociedade civil.
Segundo recolle o documento “chegou o momento de iniciar un proceso de reforma constitucional”. Un proceso de reforma que ten que facer compatible a unión e a diversidade dos pobos que compoñen España. “O mellor xeito de realizar este camiño é a través do federalismo”, reza o manifesto. Para estes intelectuais a reforma constitucional debería estar sustentada nunha serie de piares entre os que destaca “o recoñecemento das identidades diversas que coexisten en España, fortalecendo todo o seu potencial lingüístico, cultural e simbólico, considerándoas como elementos definitorios da realidade plural do Estado que enriquecen o proxecto compartido e a súa proxección de futuro”.
Igualmente, nesta declaración que pula por un Estado federal lonxe de centralismos avoga porque na reforma do texto constitucional “se estableza a representación da pluralidade de España na composición e renovación das súas principais institucións” e “se fixe con maior claridade o ámbito de competencias da Administración Xeral do Estado e das comunidades”.
Do mesmo xeito se demanda unha reforma “que convirta o Senado nunha Cámara territorial efectiva que actúe como órgano multilateral por excelencia”.
A declaración apoiada por Iniciativas 21 está de plena actualidade ao pular non só polo avance de todos os estatutos autonómicos senón tamén polo recoñecemento nas nacionalidades dentro do Estado, un dos problemas polos que as forzas políticas galegas non son quen de chegar a un acordo de cara a consecución dun novo texto estatutario. Deste xeito pula por “un federalismo plural que aspire á acomodación e ao recoñecemento das distintas nacións e rexións que coexisten en España, formulando un concepto de España non excluínte como nación de nacións e de rexións, que a súa vez tamén son plurais” HEMEROTECA