Santiago de Compostela, do 27 ao 29 de xaneiro de 2009
3º Encontro de Empresarios e Profesionais Galegos en Rede
Palacio de Congresos de Galicia
Co fin de promover a cooperación entre empresarios e profesionais de Galicia e de orixe galega no exterior celebrase este encontro, que implica así mesmo a participación da Administración autonómica de Galicia a través do IGAPE.
Son obxectivos fundamentais a información e detección de oportunidades de negocio entre os seus participantes, o establecemento de alianzas comerciais, tecnolóxicas e profesionais, así como a realización de investimentos individuais ou conxuntos. Para a consecución destes obxectivos, os participantes ademais de asistir a mesas sectoriais do seu interese terán a oportunidade de entrevistarse persoalmente con outros empresarios, visitar empresas e asociacións sectoriais en Galicia e asistir á presentación de novos proxectos emprendedores en busca de cooperación.
http://rede.igape.es/index.php?option=com_contenttask=viewid=283Itemid=117

TodalasGalicias
